A librería de Bertamiráns onde sempre atopas o teu próximo libro

Novidades

destacadas

Selección fresca cada semana: infantil, xuvenil, cómic, galego e moito máis.

Somos do barrio

En Leria Libros gústanos o trato de ti a ti. Somos unha libraría de Bertamiráns pensada para todas as idades: veñas cunha lista, cunha idea vaga ou sen présa, aquí podes preguntar, curiosear e deixarche aconsellar.

Cremos no valor da lectura compartida e nese momento no que alguén atopa “o seu” libro.

Estamos preto para o que precises: conseguimosche calquera título, avisámoste cando chegue e podes recollelo na libraría sen custo.

Se non o ves na web, escríbenos e buscámolo contigo. Leria Libros é un lugar acolledor para conversar de historias, descubrir novidades e volver cando queiras: esta é a túa libraría do barrio.

Editorial

Leria

Editorial Leria é a nosa escolma persoal: libros que lemos, que nos emocionaron e que recomendamos con convencemento.

Unha selección coidada para todos os públicos, con espazo propio para autoras e autores e para esas pequenas editoriais que fan marabillas.

Club de lectura e actividades

Gústanos xuntarnos arredor dos libros. En Leria hai clubs para persoas adultas e para peques, con grupos por idades e xéneros: novela, cómic e manga, ensaio, álbum ilustrado…

Lemos ao noso ritmo, comentamos sen présas e descubrimos autoras e autores novos. Se che apetece probar, vén a unha sesión de portas abertas: es benvida/o aínda que non coñezas o grupo nin o libro.

E se tes gañas de montar o teu propio club, cedémosche o espazo da libraría: un lugar acolledor, con cadeiras, té/café e moitas ganas de escoitar. Ti poñes a idea e nós axudamos co calendario, a difusión e as lecturas. Apúntaste?

Non hai ningún feed seleccionado para amosar.
Carriño da compra